Saturday 04 de May de 2024

Intervención do Speis por un incendio declarado nunha palleira na parroquia de Sedes


Intervención do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (Speis) de Narón rexistrada esta madrugada.

Os bombeiros de Narón recibiron un aviso da Axega-112 por un incendio declarado nun palleiro con estrutura de pedra e uralita anexo a unha vivenda ubicada en Salgueiras, na parroquia de Sedes. O lume afectou a un depósito de auga, unha pequena cociña, mobiliario e herba seca que estaban no interior do mesmo. O suceso tivo lugar ás 01.56 horas de hoxe e a intervención do Speis rematou sobre as 03.10 horas.

Dende o Speis controlouse e extinguiuse o incendio con liña de auga, se ben a intensidade do lume diminuíra á súa chegada pola rápida intervención das veciñas e veciños da zona, que botaron caldeiros de auga sobre as lapas.

Na fase final da intervención os profesionais do Speis estableceron unhas pautas preventivas para abandoar a zona e regresar á base, no polígono de Río do Pozo.